BD Banda > Novidades:
Dez anos despois…

21-12-2011 | 11:53 am por Redacción

Logo dun longo silencio ao longo dun ano no que cumprimos a nosa primeira década de traballo, voltamos a dar sinais de vida con boas e malas novas.

A primeira novidade é constatar que continuamos vivos. Malia á crise e a diferentes problemas e atrancos, a Asociación BD Banda continúa, mal que ben, a súa actividade.
Mostra desta vontade é a nosa participación no nacemento da Asociación de Editores de Cómic de España, un proxecto que agardamos consiga para a banda deseñada o recoñecemento que merece.

Pola banda negativa, recoñecemos que o proxecto da nosa revista, como moitos xa terán adiviñado, fica oficialmente parado, logo de catro números. Non podemos mais que agradecer a todos os seguidores, críticos, colaboradores e autores que nos teñen mandado o seu material, lamentando non poder soster, nos tempos que corren, unha iniciativa que continúa a nos parecer necesaria.

Para rematar cun sabor doce, apuntamos que entre os nosos vindeiros proxectos está a edición en galego de El arte de volar. A obra de Kim e Altarriba que lles valeu a estes autores o Premio Nacional de Cómic 2010 atópase actualmente en proceso de tradución e edición e verá a luz a comezos do vindeiro ano.

Prometemos seguir, na medida das nosas posibilidades, dando guerra.
Un saúdo, moitas grazas a todos, e boas festas!

Afonso X en Granada

16-03-2011 | 1:27 pm por Redacción

O Salón do Cómic de Granada, que se celebrou entre o 10 e o 13 deste mes, acolleu a exposición sobre As Cantigas de Santa María como obra mestra da BD medieval que realizou Breixo Harguindey coa colaboración de BD Banda para o último Salón do Cómic de Cangas.
Agardamos que esta sexa só unha primeira etapa e que a mostra continúe a se mover por todo o Estado!

Adeus, Benito

06-02-2011 | 7:00 pm por Redacción

Chéganos a nova do falecemento de Benito Losada, director da Casa da Xuventude de Ourense e un dos máis firmes promotores da banda deseñada galega. Desde o seu cargo, na organización das históricas Xornadas na Cidade das Burgas, co comisariado de exposicións e mediante moitas outras iniciativas, Benito fixo un labor fundamental de cara ao recoñecemento da banda deseñada, que situou en pé de igualdade con outras formas de creación no marco do intensísimo traballo cultural que marcou a súa biografía.
Para alén da importancia do seu traballo, e do feito de que a BD galega fica orfa dun dos seus máis grandes valedores, desde BD Banda só podemos dizer que perdemos un grande amigo e que o imos achar moito de menos.
Até sempre, Benito.

(imaxe tomada de As Uvas na Solaina)

Obradoiros de iniciación á lectura de BD en Compostela

25-10-2010 | 11:56 am por Redacción

26 de Outubro: Coñece o manga. Relatora: Fátima Elías
4 de novembro: Coñece o cómic de super heroes (Julio I. Graña)
11 de novembro: Coñece a banda deseñada europea (Rafa Tenorio)
18 de novembro: Coñece o cómic feito en España (Miguel Porto)
25 de novembro: Coñece a banda deseñada galega (Germám Ermida)

Ler o resto da nova »

BD Banda no Salón de Cangas

21-10-2010 | 1:39 pm por Redacción

BD BANDA en Viñetas desde o Atlántico

06-08-2010 | 4:40 pm por Redacción

BD Banda achégase como cada ano a Viñetas desde o Atlántico.
O vindeiro venres día 13 de agosto faremos á unha da tarde unha presentación do cuarto número da nosa revista na carpa destinada a este fin.
Ademais, poderás adquirir todos os nosos produtos no posto número 8, compartiremos con Retranca e coa Libraría Paz.
Vémonos!



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

24 peticións. 0.211 s.