**A exposición pode solicitarse no mail letras.cultura@xunta.es**
BD Banda, co apoio da Consellaría de Cultura, elaborou a mostra As bases da banda. Esta exposición, que se presenta acompañada dunha Guía Didáctica está dirixida a centros de ensino e biblioteca, e tenta facer unha primeira introdución encol da novena arte, tratando a súa historia, recursos narrativos e proceso de creación. A maiores, achégase unha mínima selección de recomendacións para introducir no tema os menos coñecedores.
Na Guía Didáctica, pola súa banda, amplíase a información da mostra, propóñense actividades encol dos diferentes apartados da mesma e achégase unha exchaustiva bibliografía (tanto física como on-line) arredor da BD. O enfoque da Guía céntrase na aprendizaxe cooperativa e nas propostas creativas, apostando por aproveitar o coñecemento dos propios alumnos para avanzar na comprensión e na realización da banda deseñada, ampliando as posibilidades desta arte alén dos tradicionais empregos en ámbitos coma artes plásticas ou literatura.A exposición quere servir, ao tempo, para dar a coñecer o emerxente sector da banda deseñada galega, polo que a inmensa maioría das ilustracións empregadas son de autores do noso país, e na propia guía fanse recomendacións sobre como empregar nas aulas diferentes títulos creados por galegos.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 15 peticións. 0.177 s.