BDagoxía

Esta páxina quere ser un espazo aberto no que concentrar as diferentes iniciativas que nos vaian chegando arredor das posibilidades pedagóxicas da banda deseñada, o que nós chamamos BDagoxía En BD Banda estamos convencidos que a novena arte pode ocupar un espazo fundamental no ensino -tanto regrado como non regrado- para transmitir todo tipo de coñecementos dun xeito ameno e interesante. Non se trata só de ensinar a facer BD, senón tamén de ensinar a través da BD, de normalizar un medio sobre o que todavía existen poucos recursos didácticos ao tempo que se favorece o seu coñecemento como alternativa de ocio e de cultura entre o alumnado.

O IES Perdouro celebra os I Encontros de BD

16-04-2009 | 12:24 pm por Redacción

Un certame de banda deseñada é a primeira actividade do I Encontros de BD da Mariña que celebra o IES Perdouro. A convocatoria, para alumnos de ata 18 anos en dúas categorías e conta con outra categoría aberta á participación de quen o quixer. Acéptanse traballos de ata catro páxinas en formato din A4, a cores e en branco e negro ata o vindeiro trinta de abril.
O primeiro premio é un computador portátil e mais unha tableta dixitalizadora na categoría libre, e outro portátil para o gañador de entre 15 e 18 anos.
As bases pódense consultar no web do Instituto.
Parabéns pola iniciativa aos responsables do centro!

A competencia é boa

18-02-2009 | 11:21 am por Redacción

Cerditos de Guinea presenta o seu catálogo de actividades didácticas para 2009

Cerditos de Guinea cómics acaba de presentar o seu catálogo de actividades didácticas, entre as que inclúe varias propostas encol da BD. Desde obradoiros de vinte horas a conferencias e sesións express, David Prieto oferta os seus coñecementos para escolas, bibliotecas e todo tipo de centros. Ademais, lembra que as actividades poden contratarse mediante o programa Letras Vivas da Consellaría de Cultura.
Máis información no web desta firma.
Parabéns pola iniciativa! Asi sexa toda a competencia!

programacion cerditos de guinea 2009

Actualizado:: Máis competencia!
O catálogo Letras Vivas achega tamén outras propostas de BD da man de autores coma Santy Gutiérrez, Jacobo Fernández ou Pinto.
Máis información en culturagalega.org

Club de lectura e Betanzos

29-01-2009 | 12:35 pm por Redacción

A Asociación Marimanta pon en marcha un Club de Lectores de BD en Betanzos. Parabéns pola iniciativa!

Obradoiros e actividades no Salón do Libro de Pontevedra

22-01-2009 | 2:37 pm por Redacción

O programa inclúe un curso de iniciación á BD para profesores

O programa do X Salón do Libro de Pontevedra déixalle un oco á BD. Unha mostra, mesas redondas e clases maxistrais de autores recoñecidos fan parte do programa.
Ademais, a Asociación BD Banda desenvolverá un curso de iniciación á banda deseñada para profesores. As sesións serán polas tardes entre o 9 e o 13 de febreiro e contarán coa presenza de Julio I. Graña, Rafa Tenorio, Kiko da Silva, Xico Paradelo e mais con Marcos Farrajota, da Bedeteca de Lisboa.
O obradoiro ten solicitado o seu recoñecemento pola Cons

Guía de Lectura de Trazo de Xiz

16-01-2009 | 10:40 am por Redacción

O e-clube da lectura de cómic da biblioteca de Porriño acaba de subir ao seu web unha exhaustiva guía de lectura en formato PDF sobre Trazo de Xiz de Miguelanxo Prado. Información sobre a obra, o autor, recomendacións doutras BDs e orientacións para a lectura fan desta proposta todo un exemplo de como lle tirar todas as posibilidades a unha obra de BD. Parabéns aos responsables pola inciativa.

Descarga a guía no web do e-clube de lectura

Un libro teórico na rede

14-01-2009 | 10:17 am por Redacción

A obra completa de Daniele Barbieri, Los lenguajes del cómic está dipoñible para todo aquel interesado en scribd.com. O volume supón unha completa achega á novena arte, tratando cuestións coma o ritmo, a narración ou os diálogos con diferentes exemplos.

O libro, en scribd

BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

18 peticións. 0.207 s.