Entramos no congreso!

O BNG lembra a importancia de BD Banda no debate sobre a creación do Premio Estatal de BD

O debate sobre a creación dun premio estatal dedicado á novena arte que se estaba a desenvolver no Congreso dos Deputados tróuxonos unha agradábel sorpresa. Francisco Rodríguez, deputado do BNG no Congreso salientou a importancia de potenciar a pluriculturalidade na BD e lembrou a importancia de BD Banda para o sector na galego na súa intervención, lembrando o premio que a nosa publicación levou no último Saló de Barcelona.
Canda a isto fixo un destacado resumo da importancia do humor gráfico en Galicia e lembrou a situación de emigración que viviu e aínda vive o sector da BD. Ao tempo, lembrou o último galardón que obtivo Xaquín Marín e o traballo que actualmente Miguelanxo Prado desenvolve no campo da animación, así coma o histórico labor de Pepe Carreiro. Tamén apuntou a importancia da AGPI como aglutinadora do traballo dos autores, Viñetas desde o Atlántico, as Xornadas de Ourense ou o certame de BD na Xunta.
A intervención completa aquí
Chivóunolo Porto, grazas, compañeiro.
Máis sobre o debate en La Cárcel de Papel

Trapelas e Falabaratos: 3 verquidos

  1. April 4th, 2006 ás 7:30 pm Porto esbardalla:

    De nada tío barbudo.

    Y felicidades por lo que nos toca.

  2. April 4th, 2006 ás 11:14 pm robli esbardalla:

    me alegro mogollón por vosotros!!

  3. April 5th, 2006 ás 7:40 pm mediapinta :: A banda deseñada no Congreso dos Diputados :: April :: 2006 esbardalla:

    [...] Aquí (pdf, páx. 8.347) tedes a transcripción do debate. E para ver o que esto pode significar nada mellor que ler ós que máis saben (La Cárcel de Papel 1, 2 e 3), ós que estiveron alí (Carla Berrocal de Diario de una pintamonas) e ós interesado daquí (BDbanda) [...]

O falar non ten cancelas; esbardalla a eito.

BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

16 peticións. 0.235 s.