BD Banda no XXVIII Saló del Còmic de Barcelona

As serpes cegas protagoniza o cuarto número da revista


Un ano máis, BD Banda volta ao Saló del Còmic de Barcelona. Os visitantes do maior encontro estatal sobre banda deseñada terán a oportunidade de coñecer os nosos álbums e revistas e de atopar os nosos autores no stand número 5 do recinto da Fira, que compartimos con Retranca e Ariadna Editorial.

Como grande novidade para este evento, presentamos o agardado número 4 da nosa revista. As serpes cegas, o recente Premio Nacional de Cómic remata nesta entrega a súa publicación seriada, co complemento dunha ampla revista aos autores e diferentes ilustracións inéditas e material de traballo. Canda a isto, continúan as habituais series, como Animais pantasma de Jacobo Fernández, Caveira lunar de Albert Monteys, Ultratumbia de Alberto Guitián, Julie de Calo e Stygryt ou o Astro de Javier Olivares, ademais do artigo de Álvaro Pons e novos contidos.

Sinaturas
No evento, Bartolomé Seguí e Felipe Hernández-Cava asinarán exemplares das súas obras.
Máis concretamente, o stand de FICOMIC acollerá os dous autores o vindeiro xoves 6 entre as 16:30 e as 17:45.

Do mesmo xeito, os dous autores estarán no stand de BD Banda-Retranca-Ariadna Editorial canda a outros dos colaboradores da nosa revista:

  • Seguí e Hernánez-Cava: venres de 17h a 18 h.
  • Kiko da silva: sábado de 18:30 h. a 19:30 h.
  • Javier Olivares: sábado de 11,30 h. a 12, 30 h.

Para os interesados en saber máis sobre a obra gañadora do Premio Nacional de Cómic, As serpes cegas protagoniza tamén unha das exposicións do Saló.

As nosas publicacións estarán ademais expostas nos stands promocionais da BD galega que leva a Xunta de Galicia (94 e 101).
AGARDAMOS POR VÓS!

O falar non ten cancelas; esbardalla a eito.



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

16 peticións. 0.171 s.