A seguir o seu compromiso a prol do desenvolvemento da banda deseñada en Galiza, o colectivo BD Banda manifesta o seu firme apoio á proposta realizada pola Mesa pola Normalización Lingüística para que o último álbum de Astérix sexa publicado en galego.
Do mesmo xeito, BD Banda ponse a disposición desta asociación e mais da Consellaría de Cultura, que xa anunciou o seu apoio á proposta, para colaborar desde o noso coñecemento do medio, en calquera xestión que se proxecte realizar neste sentido.
E que ese ceo caia tamén sobre as nosas cabezas!
Máis información no web da Mesa e en
culturagalega.org.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 16 peticións. 0.190 s.