Chega Pontevedra!

cartazpo.jpg

O vindeiro luns inaugúrase oficialmente a terceira edición das Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra.
Os compañeiros Rafa Tenorio e Julio Iglesias levan meses a traballar para achegar a novena arte á Cidade do Lérez, cun completo programa que conta coa colaboración da Consellaría de Cultura.
Os actos desenvolveranse na Biblioteca Pública Municipal.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:
CHARLAS
Xoves 3 de Abril Retrospectiva do premio Castelao
(20:30 h) David Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández
Venres 4 de Abril Historia dunha páxina
(20:30 h) Sergio García
Sábado 5 de Abril El jueves, 30 anos en portadas
(20:30 h) Albert Monteys e Jose Luis Martín

PELÍCULAS
Ciclo: Banda deseñada e Cinema de Animación
Martes 8 de Abril Animación Experimental de Osamu Tezuka
(20:30 h) (Osamu Tezuka)
Martes 15 de Abril Los Increibles
(20:30 h) (Brad Bird)
Martes 22 de Abril Persépolis
(20:30 h) (Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud)
Martes 29 de Abril Tekkonkinkreet
(20:30 h) (Michael Arias)

EXPOSICIÓNS
Horario de visitas: de Luns a Venres, de 9:00 a 21:00 h, e os Sábados, de 10:00 a 14:00 h.
Do 1 ao 30 de Abril El jueves, 30 anos en portadas
Do 1 ao 30 de Abril Historia dunha páxina

OBRADOIROS
Obradoiro de Banda Deseñada, orientado a escolares
Martes 1 de Abril (de 10:00 a 12:00 h)
Martes 15 de Abril (de 10:00 a 12:00 h)

Nota de prensa do evento:
Despois do éxito das dúas anteriores edicións, a partires do primeiro de Abril,
darán comezo as Terceiras Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra, nas que a
Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte
da Xunta de Galicia e a Asociación BD Banda, unen forzas no labor de participar
na difusión do Noveno Arte.

Mantendo o mesmo esquema dos anteriores anos, as xornadas estructúranse
en tres ramas. En primeiro lugar fanse eco da situación da Banda Deseñada Galega
e para iso, este ano organizan unha conferencia retrospectiva do Premio Castelao,
o máis importante de Galicia, reunindo aos tres gañadores ata o momento: David
Rubín, Antonio Seijas e Jacobo Fernández. En segundo lugar e na liña de incidir na
didáctica do cómic, Sergio García, autor e estudioso do medio á vez que profesor
universitario de Belas Artes, ilustraranos sobre o proceso creativo no cómic, coa
charla e a exposición Historia dunha Páxina. Finalmente, homenaxearase á revista
satírica El Jueves polo seu 30 cumpleanos, coa exposición 30 anos en Portadas e
cunha charla a cargo de JL Martín, editor e histórico da revista, autor da páxina
Dios Mío, e Albert Monteys, director da publicación e autor das páxinas Tato e Para
ti que eres joven (xunto a Manel Fontdevila).

Como o ano anterior, as Xornadas compleméntanse coa proxección de
películas onde a Séptima e a Novena arte atopan un nexo de unión, sexa a directa
traslación dun medio ao outro, ou a lóxica continuación do repertorio dun
determinado autor.

Novidade de este ano serán os obradoiros de Banda Deseñada para cativos,
concertados entre a Biblioteca Pública Municipal e diversas escolas municipais, e
impartidos polos autores galegos Jacobo Fernández e Norberto Fernández.
Para rematar, cabe suliñar que este ano as Xornadas cambian a súa
ubicación é organízanse nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal, sita na
rúa Alfonso XIII, nº3.

Trapelas e Falabaratos: 8 verquidos

  1. March 28th, 2008 ás 11:01 am An esbardalla:

    Moi interesante, haber se fago un oco e paso por ali :) Saudos

  2. March 31st, 2008 ás 4:03 pm En telegrama, lo que se mueve | BDteca esbardalla:

    [...] _Hoy lunes comienzan las terceras jornadas de BD de Pontevedra. Entre otros, participarán Antonio Seijas y Jacobo Fernández. Duran todo el mes, con una exposición de El Jueves y, ojo, conferencia de este sábado con Albert Monteys y Jose Luis Martín. Más sobre el programa aquí.  [...]

  3. March 31st, 2008 ás 6:13 pm Kalashnikov esbardalla:

    ¡Enhorabuena! Acabo de leer el nº2 de BDBanda y os habéis superado, con lo alto que habíais puesto el listón. Ojalá no haya que esperar demasiado para la próxima entrega. ¡Sacad el látigo si es necesario! ;-)

  4. March 31st, 2008 ás 6:31 pm Redacción esbardalla:

    O látego já temos esfolado no lombo dalgum, e mais que lhe fazia falha…

  5. April 2nd, 2008 ás 8:14 am Fancómic :: Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra :: April :: 2008 esbardalla:

    [...] Programa das xornadas  [...]

  6. April 2nd, 2008 ás 10:30 am chuza.org esbardalla:

    III Semana da Banda Deseñada en Pontevedra…

    O vindeiro luns inaugúrase oficialmente a terceira edición das Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra. Mantendo o mesmo esquema dos anteriores anos, as xornadas estructúranse en tres ramas; En primeiro lugar fanse eco da situación da Banda Dese…

  7. April 3rd, 2008 ás 7:54 pm Kalashnikov esbardalla:

    Os dejo un enlace con mi reseña del estupendo BD Banda #2…

    http://el-francotirador.blogspot.com/2008/04/reseas-bd-banda-2.html

  8. April 9th, 2008 ás 7:02 pm Jesus G. esbardalla:

    Joer, qué envidia! Y qué rabia que algunos vivamos tan lejos.
    Felicidades a Sergio García porque me parece una MARAVILLA el cartel de este año.

O falar non ten cancelas; esbardalla a eito.



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

16 peticións. 0.226 s.