Vilaverzas ten Faro

"Faro das Culturas" fai unha reseña do fabuloso álbum de Miguel Robledo

Non todo ían ser flores. Desta volta semella que Paula Fernández, crítica de BD do suplemento Faro das Culturas do Faro de Vigo, non gustou especialmente do (ao noso ver) fabuloso álbum Vilaverzas de Miguel Robledo.

A reseñadora critica “simplicidades argumentais” na obra, “que se en ocasións conseguen fartar e aborrecer algúns adultos é certo que encantan aos nenos”, e salva o debuxo do autor ourensán: “Apréciase unha maior complexidade na parte plástica que compensa a simplicidade argumental
e narrativa, que malia resultar absurda e idiotizante para algúns lectores e lectoras tamén é seguro que conta cunha cantidade importante de seguidores capaces de gozar con todos e cada un dos repetitivos episodios que se presentan”.

É sabido, para gustos cores e un mal día teno calquera ;-)

Pola nosa banda non podemos deixar de recomendar esta deliciosa obra, chea de matices e que acada, a partir dunha fonda inmersión na realidade galega chegar a cimas do humor, ademais de facer destacadas achegas no emprego de recursos gráficos á novena arte. Claro que nós qué imos dicir, se queremos a Robledo e gostamos da súa obra… :-D

A crítica completa está dispoñible, en pdf, en Faro de Vigo

Desde BD Banda consideramos que críticas coma estas non deixan de ser un signo de normalidade no medio. Ogallá houbese moitas mais, e ben variadas.
Moitas e sinceras grazas a Paula Fernández polo seu esforzo en difundir a BD galega a través das páxinas do suplemento. Que veñan moitas máis.

Trapelas e Falabaratos: Un verquido

  1. March 1st, 2007 ás 5:50 pm Blackandeker esbardalla:

    Pois sim tinha mal dia a companheira, sim.

O falar non ten cancelas; esbardalla a eito.



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

16 peticións. 0.186 s.