Aí estamos, a dar tamén un paseo por Madrid. A Fundación Feima está a amosar estes días a impresionante mostra “A historieta galega”. Esta exposición, comisariada por Fausto Isorna e Gemma Sesar, fai un completo percorrido pola BD galega desde os seus comezos, aló polos anos setenta, ata as iniciativas máis actuais. E aí estamos nós, ao carón de iniciativas tan destacadas coma “A cova das choias”, “Xofre”, “Valiundiez” ou “Frente Comixario”.
A exposición pode verse na sede da Fundación Feima, en Madrid, e está previsto que en breve visite tamén o noso país.
Graciñas aos organizadores por contar con nós para esta antoloxía.
Máis información aquí e no
web da Fundación.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 16 peticións. 0.215 s.