O Jornal Público (o portugués) achega na súa edición de hoxe un interesante resumo sobre a edición de BD en Francia a coincidir co comezo do festival de Angoulême.
O sector alén dos Pireneus amosa unha expansión destacada, aínda que o medo á crise tamén cala entre os galos.
Todo o artigo en Publico.pt
Entrevista con Yves Prémion [...]
A Asociación Marimanta pon en marcha un Club de Lectores de BD en Betanzos. Parabéns pola iniciativa!
O programa do X Salón do Libro de Pontevedra déixalle un oco á BD. Unha mostra, mesas redondas e clases maxistrais de autores recoñecidos fan parte do programa.
Ademais, a Asociación BD Banda desenvolverá un curso de iniciación á banda deseñada para profesores. As sesións serán polas tardes entre o 9 e o 13 de febreiro [...]
O e-clube da lectura de cómic da biblioteca de Porriño acaba de subir ao seu web unha exhaustiva guía de lectura en formato PDF sobre Trazo de Xiz de Miguelanxo Prado. Información sobre a obra, o autor, recomendacións doutras BDs e orientacións para a lectura fan desta proposta todo un exemplo de como lle tirar [...]
A obra completa de Daniele Barbieri, Los lenguajes del cómic está dipoñible para todo aquel interesado en scribd.com. O volume supón unha completa achega á novena arte, tratando cuestións coma o ritmo, a narración ou os diálogos con diferentes exemplos.
O libro, en scribd
As bibliotecas de Hospitalet acaban de presentar un novo número do seu boletín electrónico Cómic Tecla. Desta volta trátanse obras coma Super oso y su amigo, Crónicas Birmanas, Batman Año 100 ou a Biblioteca Carl Barks entre outros.
O último Cómic Tecla en pdf
Estas a ver BDbanda os arquivos do mes January, 2009.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 14 peticións. 0.201 s.