Arquivos do mes November, 2008

Historia da arte en BD

Tuesday, November 18th, 2008

A editorial Saure publicou recentemente o segundo volume da colección Historias del Arte.
Esta serie, debuxada pola galega María Xosé Mosquera, fai un percorrido pola histori da creación artística desde os albores da humanidade. Despois de tratar as manifestacións prehistóricas no primeiro volume, este segundo tomo céntrase nos estilos artísticos da antiga mesopotamia.
Máis información no web [...]

Esta semana:Animación e obradoiro

Tuesday, November 18th, 2008

A Biblioteca Ánxel Casal de Compostela acolle este venres dúas xornadas de animación á lectura de banda deseñada a cargo da Cooperativa Andaina.
O día anterior, Miguel Porto achegarase á biblioteca de Pontevedra para impartir un obradoiro sobre BD Europea.
A Axenda da Biblioteca Ánxel Casal
Todos os nosos obradoiros nesta nova

Guión na Universidade de Sevilla

Monday, November 10th, 2008

O guión na BD protagoniza as I Xornadas de Narrativa Gráfica que se celebran entre o 19 e o 21 de novembro na Universidade de Sevilla. Cun cartel de auténtico luxo, con nomes coma Antonio Martín, Jesús Jiménez ou o noso colaborador Felipe Hernández Cava, as xornadas indagarán sobre a creación e a historia do [...]

Club de lectura en Gondomar

Thursday, November 6th, 2008

A Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá ás oito da tarde do terceiro martes de cada mes as sesións do Club Lecturas Debuxadas.
Esta iniciativa, xestionada por Espazo Lectura, comezará cunha xuntanza informativa o vindeiro martes 18 de novembro na mesma biblioteca.
Máis información no blog de Espazo Lectura
Sorte e parabéns pola iniciativa!

Pepe Carreiro e Fran Bueno imparten os obradoiros desta semana

Tuesday, November 4th, 2008

As onomatopeias, tipografías, metáforas visuais e outros recursos narrativos da BD protagonizarán o obradoiro que Pepe Carreiro imparte este xoves na Biblioteca de Pontevedra dentro da serie de actividades que está a desenvolver a A.C. BD Banda neste centro. Será a partir das sete da tarde.
Pola súa banda, Fran Bueno encargarase de introducir aos participantes [...]



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

14 peticións. 0.205 s.