Arquivos do mes January, 2008

Xa o intuíamos…

Wednesday, January 23rd, 2008

Xa sabiamos nós que a este rapaz lle ían chover os recoñecementos… na entrevista deste número, MAX, o flamante gañador do Premio Nacional de Cómic!!
E, a todo isto, están agora mesmo a chegar as caixas da imprenta, quentiñas e botando fume… E alá van á distribuidora sen perda de tempo!
Axiña das librarias!

Dobremente cegas

Tuesday, January 15th, 2008

Non hai dúbida de que está a ser unha das propostas con máis aceptación da revista. As serpes cegas de Seguí e Hernández Cava continúa a súa xeira neste segundo número. Nada menos que 16 páxinas que nos permitirán saber un pouco máis sobre esta intensa trama…

Escamado

Tuesday, January 15th, 2008

Malia a que sabemos que é unha serie que goza da aceptación do público, lamentamos informar de que, por causas completamente alleas á nosa vontade, a serie Escamado de Miguel Porto e Víctor Rivas desaparece da nosa publicación a partir deste número.
Lamentamos fondamente ter que dicirlle adeus a un proxecto no que tiñamos postas [...]

Un respecto

Monday, January 14th, 2008

BD Banda reclámalle a Feijóo respecto para o cómic
Compostela 14 de Xaneiro de 2008
Perante as recentes declaracións do presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo apelando o actual goberno autonómico de “cómic”, a Asociación Cultural BD Banda fai saber:
1- Que a banda deseñada (BD) ou cómic é considerada a novena arte, en igualdade [...]

Bolseiros para todos

Monday, January 7th, 2008

Nestes días en que mesmo os bolseiros teñen bolseiros, o noso explorador sideral favorito non ía ser menos. Javier Olivares preséntanos, neste segundo número de BD Banda a Teo, Bolseiro Sideral.



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

14 peticións. 0.205 s.