Coma o sol nestes días fríos chéganos a lembranda da nosa querida Julie… A proposta que Calo e Stygryt fam para a nosa revista.
Novas aventuras do cotián desta rapariga…
Nestes días o sol declina e as sombras fanse máis longas… Entre elas, como non, está a de Peter Schlemihl, o protagonista da serie que Carlos Portela e Fernando Iglesias achegan á nosa publicación.
Unha trama no século das luces… chea de sombras.
Unha historia en italiano! E, non vos enganades, é Caveira Lunar de Albert Monteys…
Toleamos? Estamos ante unha nova edición? Temos a Aznar de tradutor?? As respostas axiña nas librarías…
Case se nos pasa subir esta semana o adianto dunha nova serie da revista! E é que onde falta cabeciña… Claro que iso non lle pasa aos nosos protagonistas: Os Cabezóns de Miguel Robledo que continúan as súas aventuras neste número 2.
Xa se achegan, veñen por nós pero… Quen quere escapar deles?
Son os animais pantasma que Jacobo Fernández achega ao noso novo número!
Axiña nas tendas!!
Estas a ver BDbanda os arquivos do mes December, 2007.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 14 peticións. 0.197 s.