Arquivos do mes December, 2006

As palabras detrás do home

Monday, December 11th, 2006

Non é sinxelo conseguir unhas palabras do noso libreiro. Para alén das súas habituais dificultades locutivas, Anxo Paz “Cano” caracterízase por ser un home que se dá pouca importancia e que non gosta especialmente de andar a vender exclusivas, pousados-robados ou darlle declaracións á prensa.
É por iso que ten un especial mérito o traballo que [...]

Un astronautra de calendario

Sunday, December 10th, 2006

O noso querido Astro, intrépido explorador espacial creado polo xenial Javier Olivares, acaba de se converter nun astronauta de calendario.
A celebérrima tenda de centros comerciais de entretemento FNAC optou por este personaxe para ilustrar o mes de xuño da súa axenda para 2007, dedicada integramente a personaxes de BD.
Deste xeito, todos os que adquiran este [...]

Palabra de banda

Thursday, December 7th, 2006

Recén chegada de Cornellá, a exposición de orixinais que amosa o traballo dos autores que colaboraron con BD Banda dese o comezo desta aventura, arrímase agora á Cidade Olívica.
A partir do vindeiro mércores trece de decembro, o museo Vérbum-Casa das Palabras acolle esta fascinante exposición co melloriño da BD galega. Ademais, no mesmo local, poderán [...]

Nestas datas entrañábeis…

Wednesday, December 6th, 2006

En achegándose o Nadal, fixo que estamos todos a lle dar voltas sobre que agasallos podemos facer. Desde BD Banda queremos lembrar que andan polas librarías un bo número de produtos que saíron desta casa. E para os que no estean convencidos, poden asistir on-line á presentación dun dos nosos máis recentes lanzamentos.
Por cortesía do [...]



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

14 peticións. 0.178 s.