O prazo esgótase… Co comezo de novembro finan as posibilidades de participar no noso proxecto profesional de revista.
Temos xa unha avalancha de propostas enriba da mesa, e queremos agradecerlle a todos os que enviaron ideas a súa participación nesta iniciativa.
Agora queda recibir as últimas (apurade, apurade!!) e decidirmos finalmente que autores nos van acompañar [...]
Aqueles que non tiveron de ver na Coruña, en Barcelona ou en Silleda a grandiosa exposición que montamos, grazas aos nosos magnánimos colaboradores, que non se preocupen: A xira continúa.
Desta volta é a Mostra de Còmic à Cornellá a que acolle os perto de cen orixinais nos que se pode comprobar a arte que teñen [...]
Aínda coa resaca da celebración do premio do noso compañeiro Cano, chéganos a nova dunha nova candidatura para o noso fanzine.
“BD Banda” está nominado na categoría ao mellor fanzine nos premios que se outorgan cada ano no marco de Expocómic, o salón sobre BD que se celebra en Madrid.
Canda a nós, os compañeiros do Fanzine [...]
ÚLTIMA HORA:
Este venres vinte de outubro o noso agraciado libreiro recollerá en Ourense o seu ben merecido premio. Alí queremos ver a todo o mundo facéndolle a onda desde as cadeiras do público!!
Máis: CANO EN ACCIÓN EN DIARIO DE PONTEVEDRA! Fotos en vivo! Declaracións! Vicio!!!
E aínda, a crónica do evento en La Voz [...]
De novo Faktoría K leva a BD galega ao ámbito internacional. Desta volta é a Feira do Libro de Frankfurt, onde a editora coa que colaboramos compartirá posto con Kalandraka.
Ademais de amosar os produtos da colección “BD Banda”, os representantes da editora desenvolverán contactos para futuros proxectos.
Até o infindo e tal…
Os amigos (sí, temos que recoñecer que son amigos) de zonanegativa.com, achegan unha amplísima e exhaustiva reportaxe sobre os actos das Xornadas de BD de Pontevedra que acaban de finalizar.
Un lote de coba, ben escrito e explicado, que non podemos deixar de agradecer!
GRAZAS GRAZAS GRAZAS!!!
Estas a ver BDbanda os arquivos do mes October, 2006.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 14 peticións. 0.706 s.