Arquivos do mes May, 2006

Marchamos para Madrid

Monday, May 22nd, 2006

A Feira do Libro de Madrid, que este ano ten como convidada Galiza, contará por primeira vez coa presenza da BD que se fai no noso país.
O noso director, Kiko Dasilva, o redactor Germám Ermida e mais o Secretario da Asociación, Paco Paradelo, achegaranse á Capital do Reino o vindeiro mércores trinta e un [...]

Ai está a mesa!

Friday, May 19th, 2006

Ai están, con luz e taquígrafos. A opinión dunha representativa selección de persoas que teñen colaborado con nós nestes cinco anos de andaina. Culturagalega.org achéganos o audio íntegro da tertulia que celebramos o pasado día 16 de maio no Consello da Cultura Galega para celebrar os nosos primeiros cinco anos.
Kiko da Silva, David [...]

Ala, que caso nos fan!

Thursday, May 18th, 2006

O xornal electrónico Vieiros, dedicounos o pasado día dezaseis un amplo espazo a coincidir coa celebración da Mesa Redonda que conmemorou o noso V Aniversario.
Le aquí o artigo

As últimas planas

Tuesday, May 16th, 2006

A revista Praza das Letras, que a Consellaría de Cultura publica con ocasión deste 17 de maio recolle o traballo de BD Banda, nunha páxina dedicada ao noso director (ao final do PDF).
Mentres, en La Voz, falan do noso V Aniversario, e La Carcel de Papel inclúe “Detectives Audaces” entre as recomendacións para o vindeiro [...]

Sentámonos á mesa

Tuesday, May 16th, 2006

Víctor Rivas, Miguel Robledo, Henrique Torreiro, David Rubín, Hugo Covelo, Bernal, Kiko Dasilva, Andrés Meixide e Manel Craneo serán os participantes na mesa redonda coa que BD Banda celebra hoxe, dezaseis de maio, os seus cinco anos de existencia.
O acto celebrarase na Biblioteca do Consello da Cultura Galega, ás cinco da tarde, e gravarase [...]

Cousas de nenos

Tuesday, May 9th, 2006

Nun interesante artigo sobre a importancia da BD para os máis novos, Álvaro Pons menciona o noso traballo neste campo canda a iniciativas do tamaño de Dibus ou de Mister K. Orgullámonos de que o Álvaro nos teña tan en conta e, a verdade, subscribimos boa parte das afirmacións do seu post e aledámonos de [...]



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

14 peticións. 0.204 s.