Arquivos do mes April, 2006

A reedición de Fiz

Friday, April 28th, 2006

A presentación de Fiz nos Biosbardos director na Biblioteca Nova 33 de Compostela conseguiu eco en
Galicia Hoxe
e en La Voz de Galicia.
Última hora: Achegamos algunhas fotos do feliz evento!!

Aquí o Kiko desempeñar unha das súas actividades favoritas: Deseñar merdas (no bo sentido da palabra).

Aquí un retrato da multitude de asistentes ao evento. Graciñas a todos.

Ensinámolo todo en Barcelona!

Thursday, April 27th, 2006

Na vindeira edición do Saló del Còmic de Barcelona ensinámolo todo.
Para comezar ensinámoslle unha escolma en español de todas as historias que publicamos a aqueles que non se animaran a nos ler en galego. E con esta fabulosa capa de Miguelanxo Prado.

Desde Coruña a Silleda

Tuesday, April 25th, 2006

Unha boa mostra dos traballos publicados en BD Banda que se puideron ver no último Viñetas desde o Atlántico poderán contemplares de novo a partir da vindeira fin de semana en Silleda.
Desde o 28 de maio trinta e cinco bosquexos e obras orixinais dos principais autores de BD do noso país poderán verse no [...]

Presentes!!

Wednesday, April 19th, 2006

Continúa a xira de presentacións dos nosos álbumes por terras galegas. Desde Faktoría K avísannos do vindeiro bolo do noso director:
O debuxante Kiko Dasilva, director da colección BD Banda no novo selo editorial FAKTORÍA K DE LIBROS, fará unha presentación do seu último álbume, titulado “Fiz”, o día 27 de abril na Biblioteca [...]

VD Banda

Tuesday, April 11th, 2006

O vindeiro 17 de maio fan cinco anos desde que saíu á rúa o noso primeiro número.
Moitas cousas mudaron desde entón, tanto para a revista como para a BD galega. Premios, publicacións, encontros, un lote de proxectos e moita xente pasaron e pasan por aquí.
Estamos a preparar agora mesmo, e a toda máquina, varias iniciativas [...]

Entramos no congreso!

Monday, April 10th, 2006

O debate sobre a creación dun premio estatal dedicado á novena arte que se estaba a desenvolver no Congreso dos Deputados tróuxonos unha agradábel sorpresa. Francisco Rodríguez, deputado do BNG no Congreso salientou a importancia de potenciar a pluriculturalidade na BD e lembrou a importancia de BD Banda para o sector na galego na súa [...]



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

14 peticións. 0.245 s.