Arquivos do mes November, 2005

Eses posters!

Tuesday, November 29th, 2005

Kiko e Olivares, eles sós, liaron a manta á cabeciña, e como se non tivesen bastantes cousas que facer, prepararon estes estupendos posters serigrafiados que só poderán adquirir (tirada limitada de quince exemplares de cada un, numerados e asinados) aqueles afortunados que acudan o vindeiro un de decembro á presentación da Colección BD Banda na [...]

Como curran os nosos autores

Tuesday, November 29th, 2005

Aquí podedes ver a fabulosa invitación que se currou o señor Olivares para anunciar (entre outras cousas) a presentación dos álbums e mais da exposición que compartirá con Kiko da Silva na libraría Phanta Rei de Madrid o vindeiro día 1 de dezembro. Como traballan estes autores!

BD Banda World Tour Fall 2005 II

Thursday, November 24th, 2005

Por se che sabían a pouco as anunciadas exposicións que BD Banda organiza en Madrid e en Vigo con ocasión do lanzamento dos novos álbums, confírmase a celebración de novas actividades para dar a coñecer máis e mellor o noso proxecto.
Deste xeito, a inauguración da exposición de orixinais de Fiz nos Biosbardos que acolle a [...]

Estamos no foco

Wednesday, November 23rd, 2005

En xeral, todos os medios que cubriron o lanzamento de Faktoría K preocupáronse de reseñar a importancia que o novo selo lle outorga á BD.
Desde xeito La Voz de Galicia abre a sección de cultura con esta nova hoxe, ademais que xa cubrira onte o evento na edición local de Vigo.
Tamén o diario da Universidade [...]

BD Banda World Tour Fall 2005

Tuesday, November 22nd, 2005

Mentres agardas a que cheguen á libraría os nosos últimos lanzamentos (que comezarán a distrbuírse antes de que acabe o mes), podes ir facendo un oco na axenda para acudir as mostras coas que acompañamos a presentación destes traballos.
Por unha banda, os amigos da libraría BD deVigo acolle a partir do día 26 de novembro [...]

Lá vai o Fiz

Tuesday, November 22nd, 2005

A distribuidora de Kalandraka, que se encarga de levar até as tendas os nosos fabulosos álbums, confirmáballe onte ao noso libreiro particular que está xa esgotado no seu almacén os álbums da edición galega de “Fiz nos Biosbardos”



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

14 peticións. 0.194 s.