Un dos certames máis prestixiosos da BD estatal, conta no seu palmarés deste ano cun dos nosos máis fieis colaboradores. Miguel Porto comeza a despuntar como magnífico autor que é ao conseguir un accésit dotado con nada menos que seiscentos ourazos na categoría de banda deseñada.
Outro vello coñecido da revista, Diego Blanco, que foi premiado [...]
O noso benquerido coordinador e incansábel traballador Kiko da Silva acaba de dar un novo e importante salto na súa meteórica carreira profesional. Logo de participar desde o seu lanzamento na revista infantil “Mister K“, o noso compañeiro acaba de pasar á irmá maior desta publicación, nada menos que o semanario “El Jueves“. [...]
O suplemento “Faro da Cultura”, que publica cada semana o “Faro de Vigo”, inclúe esta semana unha eloxiosa reseña ao noso álbum “Thom”. Entre outras maravillas, a autora do texto, María Navarro, sinala que , “a historia-resultado é unha interesante combinación de ilustración e texto que, a miúdo, cun trasfondo certametne irónico aborda, a [...]
A seguir o seu compromiso a prol do desenvolvemento da banda deseñada en Galiza, o colectivo BD Banda manifesta o seu firme apoio á proposta realizada pola Mesa pola Normalización Lingüística para que o último álbum de Astérix sexa publicado en galego.
Vieiros
Culturagalega.org
A páxina das Xornadas de Ourense e mais o Fanzine das Xornadas (en pdf) fan unha laudatoria escolma do noso traballo. Non somos os únicos que nos damos coba!
Aparecemos canda a monstros coma Javier Olivares, Sonia Pulido, David Rubín, Alberto Vázquez e o resto de traballadores da novena arte que participa no evento.
Obrigadiño aos responsábeis [...]
Estas a ver BDbanda os arquivos do mes October, 2005.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 14 peticións. 0.177 s.