Arquivos na categoría Series

Dobremente cegas

Tuesday, January 15th, 2008

Non hai dúbida de que está a ser unha das propostas con máis aceptación da revista. As serpes cegas de Seguí e Hernández Cava continúa a súa xeira neste segundo número. Nada menos que 16 páxinas que nos permitirán saber un pouco máis sobre esta intensa trama…

Escamado

Tuesday, January 15th, 2008

Malia a que sabemos que é unha serie que goza da aceptación do público, lamentamos informar de que, por causas completamente alleas á nosa vontade, a serie Escamado de Miguel Porto e Víctor Rivas desaparece da nosa publicación a partir deste número.
Lamentamos fondamente ter que dicirlle adeus a un proxecto no que tiñamos postas [...]

Bolseiros para todos

Monday, January 7th, 2008

Nestes días en que mesmo os bolseiros teñen bolseiros, o noso explorador sideral favorito non ía ser menos. Javier Olivares preséntanos, neste segundo número de BD Banda a Teo, Bolseiro Sideral.

Lembranza do verán

Sunday, December 30th, 2007

Coma o sol nestes días fríos chéganos a lembranda da nosa querida Julie… A proposta que Calo e Stygryt fam para a nosa revista.
Novas aventuras do cotián desta rapariga…

As sombras do inverno…

Sunday, December 30th, 2007

Nestes días o sol declina e as sombras fanse máis longas… Entre elas, como non, está a de Peter Schlemihl, o protagonista da serie que Carlos Portela e Fernando Iglesias achegan á nosa publicación.
Unha trama no século das luces… chea de sombras.

BD Babel!

Monday, December 17th, 2007

Unha historia en italiano! E, non vos enganades, é Caveira Lunar de Albert Monteys…
Toleamos? Estamos ante unha nova edición? Temos a Aznar de tradutor?? As respostas axiña nas librarías…



BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina |

14 peticións. 0.185 s.