Aí están! As revistas están xa en distribución (en galego e en castelán) e agardamos que en breve estean dispoñibles en todas as librarías especializadas (e algunhas xeralistas) de todo o Estado!
Rápido que se esgotan!!
Xa sabiamos nós que a este rapaz lle ían chover os recoñecementos… na entrevista deste número, MAX, o flamante gañador do Premio Nacional de Cómic!!
E, a todo isto, están agora mesmo a chegar as caixas da imprenta, quentiñas e botando fume… E alá van á distribuidora sen perda de tempo!
Axiña das librarias!
Non hai dúbida de que está a ser unha das propostas con máis aceptación da revista. As serpes cegas de Seguí e Hernández Cava continúa a súa xeira neste segundo número. Nada menos que 16 páxinas que nos permitirán saber un pouco máis sobre esta intensa trama…
Malia a que sabemos que é unha serie que goza da aceptación do público, lamentamos informar de que, por causas completamente alleas á nosa vontade, a serie Escamado de Miguel Porto e Víctor Rivas desaparece da nosa publicación a partir deste número.
Lamentamos fondamente ter que dicirlle adeus a un proxecto no que tiñamos postas [...]
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 14 peticións. 0.184 s.