A piques de se celebrar o vindeiro Saló del Còmic de Barcelona (ao que non chegamos cun novo número da nosa revista, moi ao noso pesar) continúan a ecoar as críticas positivas a As serpes cegas, álbum de Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava binominado aos premios deste evento.
Deste xeito, en El Diario Montañés menciona [...]
Mil grazas!
Diario de Mallorca e Última hora fanse eco da presentación de As serpes cegas en Mallorca. Todo un éxito!
Así se explica a recensión de Álvaro Pons sobre As serpes cegas en La Cárcel de Papel.
Arturo Losada dedícanos no suplemento Exit de Xornal de Galicia unha favorábel crítica a As serpes cegas.
Por outra banda, enterámonos que no IES Pintor Colmeiro de Silleda tiveron ao longo de toda esta semana as nosas exposicións As bases da banda e A banda avanza no marco das xornadas que lle dedicaron á BD e [...]
Dentro da ampla cobertura medíática que tiveron as Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra, queremos destacar a entrevista que La Voz de Galicia lle fixo ao noso convidado Sergio García.
Moitas grazas a todos.
Podes ler a entrevista aquí
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 14 peticións. 0.184 s.