BD Banda achégase como cada ano a Viñetas desde o Atlántico.
O vindeiro venres día 13 de agosto faremos á unha da tarde unha presentación do cuarto número da nosa revista na carpa destinada a este fin.
Ademais, poderás adquirir todos os nosos produtos no posto número 8, compartiremos con Retranca e coa Libraría Paz.
Vémonos!
Logo de se presentar con grande éxito no último Saló del Còmic de Barcelona, o colectivo BD Banda trae a Galicia o novo número da súa revista. Os afeccionados á BD terán a oportunidade de atopar algúns dos nosos autores en librarías especializadas de Vigo, Santiago e Pontevedra na presentacións que se realizarán ata final [...]
A Biblioteca de Caldas de Reis acolle desde hoxe a exposición As bases da banda, realizada por BD Banda co apoio da Consellaría de Cultura.
A mostra, que se pode ver pendurada dun cordel, foi impresa polas responsables do centro a partir das imaxes en alta resolución que están dispoñibles na nosa sección BDagoxía. Canda aos [...]
Un mar de viñetas pretende favorecer a creatividade
e a sensibilidade, tanto estética como literaria a través
da banda deseñada. As actividades tamén queren
favorecer a lectura de BD en galego e o coñecemento e a
comprensión das posibilidades e técnicas desta arte no Concello de Vigo
Os alumnos do curso 6ºA do Colexio Bergantiños resultaron gañadores no Certame de BD que organzia Correlingua en colaboración con BD Banda.
No blog do centro pódense ler todas as historias que presentaron ao certame. Os grupos de 6ºB e 6ºC tamén obtiveron cadansúa mención do xurado.
BDbanda arrequecido por WordPress | Deseño da "pele" para wordpress: O Clube da esquina | 14 peticións. 0.226 s.